Ciclos políticos
Por que non tiveron continuidade os éxitos acadados polas candidaturas municipalistas nas eleccións do 2015 na Galiza? Que resistencias ofreceron as institucións estatais e maís os blocos de poder locais?Os investigadores Adrián Búa e Jonathan Davies analizan as experiencias da Marea Atlántica e Compostela Aberta nos seus intentos de transformar a institucioanalidade existente.
A grande crise da segunda década do presente século tivo efectos no sistema galego de partidos, que ficara vinte anos inalterábel até o 2012. A aparición e clausura do ciclo político inaugurado por AGE abriu un tempo de innovación na esquerda galega, que precisa dunha análise delongada para aprendizaxes futuras.

