2021 - 2022
Foi o paradigma do atraso unha creación da burguesía portuaria galega que tivo no negocio da emigración a súa acumulación primitiva? Isidro Dubert analiza a importancia da emigración como mecanismo de dominación.
Na semana en que se cumpriron seis meses do asasinato de Samuel Luiz, Ana Amigo Ventureira reflexiona sobre o movemento social que axiu en protesto e a súa representación mediática. Esta estivo inzada de prexuízos patriarcais e LGBTfóbicos que, a nivel estatal, tamén procuraron invisibilizar a histórica resposta colectiva galega.
Cales serían os contornos dunha filosofía galega? E existe un lugar para ela, mais aló das tradicións románticas, idealistas e esencialistas sobre as que se forxou a institucionalidade galega do pos-guerra? Roberto Abuín escribe sobre a posibilidade dun pensamento filosófico galego que aborde estas cuestións.
O que é a espanholidade? E como tem funcionado como um dispositivo de controlo, estrutural ao Regime do 78? Neste artigo, Borxa Colmenero propõe uma análise da espanholidade como, ao tempo, campo e mecanismo para a produção de subjetividades dóceis à governança neoliberal pós-franquista
Com o surgimento do Novo Cinema Galego, a Galiza deixou de ser objeto (cenário de produções alheias) para, por primeira vez, erigir-se em sujeito. Alberte Pagán, cineasta pioneiro de cinema experimental na Galiza e membro do Espaço Clara Corbelhe, analisa as possibilidades deste cinema para uma política nacional emancipadora.
Dada a crise alimentaria mundial que se achega, as continuas desigualdades na produción e consumo alimentarios e a presenza mediática dos alimentos e das súas conexións con lugares e comunidades, o estudo das prácticas socio-culturais relacionadas coa alimentación é hoxe mais urxente do que nunca. María Liñeira traza neste artigo as posíbeis liñas dunha crítica sobre a representación cultural da alimentación na Galiza.
A grande crise da segunda década do presente século tivo efectos no sistema galego de partidos, que ficara vinte anos inalterábel até o 2012. A aparición e clausura do ciclo político inaugurado por AGE abriu un tempo de innovación na esquerda galega, que precisa dunha análise delongada para aprendizaxes futuras.
Que efectos ten ubicar a praxe política do nacionalismo galego baixo as coordenadas da «hipótese colonial»? Pedro M. Rey Araújo, autor do libro Capitalism, Institutions and Social Orders: the Case of Contemporary Spain (Routledge 2021), propón unha reflexión (abertamente polémica) a respecto deste tema, co propósito de contribuír a un debate colectivo sobre a posibilidade dunha «hipótese hexemónica» para o movemento soberanista galego.
Há futuro para a vida militante? E se é assim, em que novos jeitos se manifesta ou enxerga? Som o anonimato, o trabalho abnegado e a diluição própria no ideal coletivo ainda princípios atingíveis para a militância contemporânea? Antom Santos escreve neste artigo de opinião sobre os modelos histórico
Desde a chegada ao executivo español do PSOE e UP en 2018 parece estar a producirse un súbito interese estatal por Galiza. E con «estatal» refírome aos públicos localizados no Estado, mais tamén, e isto é especialmente relevante, ao Estado en si.









