2021 - 2022

WhatsApp Image 2022-07-14 at 11.07.15 (2)
Lara Barros Alfaro
22/07/2022

Ao longo da historia, as habitantes da Galiza relacionáronse entre si e cos seus territorios de distintas formas, organizándose en comunidades de diverso tipo segundo as circunstancias. A través do exemplo de Casaio, Lara Barros ofrece neste artigo unha breve historia daquel relacionamento.

fotoCapañaCaprecornea
Olivia Rodríguez González
08/07/2022

O Rexurdimento cultural galego de finais do século XIX decorre en paralelo ao declive imperial español. Neste artigo, Olivia Rodríguez González ofrece unha lectura da primeira novela fantástica galega, escrita no inmediato momento post-imperial, por un tenente coronel galego do exército español en Cuba.

Picture_artigo_Daniela_1
Daniela Ferrández Pérez
24/06/2022

No mes do Orgullo LGBT+, a historiadora Daniela Ferrández Pérez repasa corenta anos de mobilizacións das disidentes sexuais galegas, na procura de igualdade de dereitos. 

ArtigoPablo_ClaraCorbelhe(encabezado)
Pablo Pesado
10/06/2022

Cal foi o papel político da antropoloxía durante a Transición e o primeiro período autonómico? Pablo Pesado Rodríguez analisa neste artigo o boom da antropoloxía galega neste período e o papel ambivalente que xogou na conformación dun imaxinario entre o nacional e o rexional.

1653595699744blob
Daniel Amarelo
27/05/2022

O uso do meme como género discursivo permite a construção de paródias e collages sobre a galeguidade. Daniel Amarelo analisa neste artigo o potencial deste género digital para uma crítica dos sentidos normativos impostos polo Autonomismo fraguista.

200610000780_R
Lucybeth Arruda
13/05/2022

Partindo do arquivo fotográfico do Museo Etnolóxico de Ribadavia e das fotografias de labregas galegas incluídas nele, a antropóloga Lucybeth Arruda (Universidade Federal Oeste do Pará) propõe uma reflexão interdisciplinar entre a antropologia, a fotografia e o gênero. 

bandeiras estreleira
César Caramês
29/04/2022

Umha das críticas mais doadas a qualquer prática transformadora é a esteticista ou formalista. Qualquer abandono das formas identitárias do grupo militante em funçom do sucesso comunicativo resulta um alvo idóneo para o ataque. Neste artigo de opinióm, César Caramês escreve sobre estratégia, comunicação e o atual debate sobre as bandeiras no nacionalismo galego.

5_Concerto no jardim_Corcubião 1921_Foto Romero
Isabel Rei Samartim
31/03/2022

A guitarra é um instrumento próprio da Galiza, capaz de realizar música de sabor galego. Neste artigo Isabel Rei Samartim analisa o fenómeno de apropriação do instrumento por parte do novo Estado espanhol no final do século XIX que provoca a sua alheação. 

Figura 3_Vivenda normalizada
Cristina Botana
18/03/2022

Após catro décadas de políticas de erradicación do chabolismo na Galiza, o desmantelamento de asentamentos precarios expulsou a poboación xitana cara novas periferias. Cristina Botana analiza estas políticas como um xeito de urbanismo segregativo: a expresión da colonialidade interna cara o Pobo Xitano.  

foto1
Laura Linares
03/03/2022

As investigacións no eido demostran que o lectorado anglófono non está a acceder ás obras galegas traducidas a través das axudas da Xunta. Se isto é así, cal é realmente o público para eses textos? Laura Linares analiza o programa de axudas á tradución literaria da Xunta de Galicia como ‘performance’. 

Certame escolar de reguifa Vigo 2015 II
Sara P. Marchena
18/02/2022

En que situación se atopa a regueifa no país? Sara Marchena desenvolve neste artigo a defensa deste recurso expresivo como unha ferramenta de transformación política, tanto dentro como fóra do sistema educativo, considerando en particular o cambio que experimentou coas improvisadoras feministas.

g123
José João Rodríguez Rodrigues
03/02/2022

Contra as interpretações costumeiramente oferecidas sobre o nascimento do ILG nas origens do campo académico galeguista, o José João Rodríguez propõe aqui uma leitura alternativa dos mesmos factos para melhor compreender um importante segmento do espaço social galego.